Benvidas e benvidos a Sindy e Rush!


Ola, corremundos!

Somos Sindy e Rush e neste blog compartiremos paixóns, xa sexan libros, series, películas ou calquera outra cousa. Iniciámonos no mundo de blogger alá polo 2015, co blog Tardes de Fantasía no que principalmente compartimos literatura escrita por nós, porque, así que quede entre nós, somos algo así como escritoras. Así que se vos interesa, podedes lernos aí! Pero queriamos compartir outro tipo de contidos, queriamos poder emocionarnos coas series, poder dedicar entradas enteiras a falar deses personaxes que nos chegan ao corazón; queriamos escribir en galego sobre todo o que nos apaixona.

E aquí estamos!

Sindy e Rush foron os primeiros personaxes de ficción que creamos entre as dúas. Eran dúas bruxas que sempre remataban as súas historias con explosións. E como este blog vai moito de ficción (aínda que non todas as nosas paixóns se reducen á cultura de ficción, como veredes), decidimos que Sindy e Rush era o único nome que podía levar. E, tamén, porque nos representan e este blog vai moito de nós, moito de historias e moito de compartir paixóns, as vosas incluídas.

Tamén, para deixar un pouco máis de nós mesmas neste recuncho de internet, escollemos este 22 de decembro para publicar a primeira entrada. Porque tal día coma hoxe, en 2012, iniciabamos o noso maior proxecto xuntas ata o momento (co que, por certo, aínda seguimos a voltas): Âvenum. O futuro é moi incerto e, quen sabe, ao mellor esta historia acaba sendo algo máis ca un inmenso proxecto en mans de dúas bruxas. O que vos podemos deixar claro é que se nos emocionamos coas historias creadas por outras persoas, imaxinade o entusiasmo que nos produce falar das nosas ^^.

E nada máis. Con estas verbiñas damos inicio a unha nova aventura, e vós, por suposto, estades convidados a acompañarnos.

Benvidas e benvidos a Sindy e Rush!!

Bo Nadal, viaxeiros!


Comentarios

  1. ¡¡BIENVENIDAS AL MUNDO BLOGGER!!
    Disculpad que no me haya pasado antes pero empecé a trabajar hace una semana. Y tuve que reorganizarme de nuevo, para intentar llevarlo todo.
    ¡Mucha suerte! O mellor dito moita sorte!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!!! Moitas grazas por pasarte! <3
      A verdade é que estamos emocionadas e con moitas ganas de sacar o blog adiante.
      Ánimo a ti tamén, co traballo, co blog e con todo!!! :D

      Eliminar
    2. Olaaa!! Grazas polo teu precioso recibimento, Noelia. Como ben che dicía Rush, estamos moi contentas e ilusionadas con este proxecto.
      Vémonos polo mundo Blogger!!!
      Unha aperta!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Estamos desexando ler os teus comentarios!