Good Omens: Crowley


Moi boas a todos e a todas!!!

Hoxe veño a falarvos dun personaxe que me encanta dunha serie que vin fai moi pouquiño: Crowley, de Good Omens. Estou segura de que calquera que vise a serie ou lese o libro (que espero poder ler pronto) entenderá por que necesitaba escribir unha entrada sobre el. E como quero animarvos a que vos metades nesta marabilla de historia, a miña intención é que non haxa absolutamente ningún spoiler. Así que, adiante!

Antes de nada, por que Crowley? A verdade é que non sabería escoller unha soa cousa que conteste a esa pregunta. Simplemente, porque é el. Porque ten unha personalidade tan súa que é imposible pasalo por alto. Porque é capaz de facer inolvidable algo tan simple como regar as plantas.

Empezarei falando da miña escena favorita (repito, sen spoilers, que ademais é algo que ocorre a finais do penúltimo capítulo e principios do último. Quen a vise, saberá perfectamente a cal me refiro). E é que non hai ninguén que faga unha entrada coma Crowley!! No mellor momento, coa mellor música e co mellor coche (por suposto que co mellor coche). Épico. Teño que dicir que chorei coa risa nese momento (e é aínda máis gracioso tendo en conta que acabou como acabou pola súa culpa).

En realidade, calquera escena co coche é imprescindible, porque forme parte del coma un rasgo máis da súa personalidade (e o mesmo coas gafas de sol). E non son as únicas! Non podo dicir todas as escenas que me gustaron, porque vos estaría contando toda a serie, pero si podo afirmar que vale a pena dende a súa canción taaan doce do primeiro capítulo ata o seu baño do último.

E máis alá do personaxe, o actor. David Tennant demostrou o seu talento dándolle vida a Crowley. Ata agora, antes de ver Good Omens, só o vira como Barty Crouch Jr, en “Harry Potter e o Cáliz de Fogo”, e quedoume claro, só con eses dous papeis, que o quero ver na pel de moitos máis personaxes, que serán, seguro, igual de inesquecibles.

Graciñas por ler!!
Imaxe de www.ebay.com

Comentarios

  1. A David Tennant coñézoo por Doctor Who e estaba xenial. Un actorazo ese home.
    Non vin Good Omens, pero escoitei falar moi ben dela. Haberálle que dar unha oportunidade.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!! Graciñas por ler :D

      Recoméndocha moitísimo: é unha gran historia e tes risas aseguradas.
      Pásame como a ti, pero ao revés. Non vin Doctor Who (empezara a vela fai tempo, pero foran só un par de capítulos, así que non conta demasiado), e tamén me falaron xenial dela. Así que igual a empezo (esta vez de verdade) pronto.

      Biquiños!!

      Eliminar
    2. Doctor Who ten a problematica de ser tan viejuna. Na súa época debeu ser fantástica, pero hoxe em día os efectos especiais quedaronse atrás (e non os cambian polo fanservice). Os doutores son xeniais, igualmente. Actorazos todos.

      Eliminar
    3. Bueno, se a serie está ben, ao final os efectos especiais non son tan relevantes, aínda que si é certo que ao principio te poden quitar bastante da historia.

      Eliminar

Publicar un comentario

Estamos desexando ler os teus comentarios!