Top 6: alcumes de "Aquí no hay quien viva"



Boas de novo!!

Non sei como non falei antes de “Aquí no hay quien viva”, unha serie que levo vendo case dende sempre. De feito, sen contar as que vía cando era pequena, poderíase dicir que foi a primeira serie que vin (e unha das culpables de que empezase a ir tarde para a cama; agora iso xa non ten remedio). Así que téñolle moito cariño :).
 
Imaxe de www.fanpop.com

 E quitando ese cariño que lle teño, segue sendo do melloriño que vin, e, persoalmente, a mellor serie de humor. Porque podes ver os capítulos tantas veces como queiras, que non vas deixar de rir con eles, porque ten uns personaxes marabillosos, polo aberta que é para a época en que foi feita. E, en concreto, facendo referencia á entrada de hoxe, polos alcumes inolvidables que forman tanto parte do espírito de “Aquí no hay quien viva” coma o mesmísimo Radio Patio. Estes son os meus preferidos:


“La Hierbas”:

Tiña que empezar por Isabel si ou si. É un dos meus personaxes favoritos (non diría que é o meu preferido porque hai moitos que o poderían ser), e doulle moita vida á serie dende a súa primeira aparición, na segunda temporada. E, vamos, que máis podo dicir aparte de que é capaz de facer rir cun simple “uuuuh”? (Isto último, se non vistes a serie, non o ides entender ;) ).
Imaxe de www.antena3internacional.com


“Las Supernenas”:

Este alcume estaba loitando polo primeiro posto, e realmente podería telo levado. Marisa, Vicenta e Concha son o espírito da serie. De novo, pareceume que a segunda temporada tomou forma e mellorou, entre outras cousas, porque empezaran a vivir as tres xuntas, Radio Patio na súa totalidade. “Aquí no hay quien viva” non sería nada sen elas.
Imaxe de www.fanpop.com


“La pija” ou “la pijipi”:

O de “la pija” foi o primeiro alcume de “Aquí no hay quien viva”, e durou dende o capítulo 3 (que vin o outro día, por iso me acordo) ata o final da serie. E o de “la pijipi” póñoo porque, aínda que só faga referencia á época en que Lucía estivo saíndo con Yago, é boísimo, que lle queredes (e creo que fora obra de Carlos, outro dos meus personaxes preferidos).
Imaxe de www.antena3internacional.com


“El sabrosón” ou “desarrapado”:

Calquera dos dous alcumes encántame. Yago, membro de “Aldeas Verdes”, idealista e ecoloxista, ou, como o describiría Rafael, "desarrapado". Reconozo que non recordo quen lle puxera o de “el sabrosón” (probablemente Marisa), pero é xenial.
Imaxe de seriesespanolas.fandom.com


“El pintamonas”:

Outro dos alcumes de Rafael para dirixirse a un dos mozos de Lucía, neste caso a Roberto. Encántame cando intenta ou finxe aceptalo, pero, en realidade, para el nunca deixa de ser “el pintamonas”.
Imaxe de www.antena3internacional.com


“Batman”:

Pode que este non sexa dos alcumes máis representativos, pero sempre me fixo moita gracia. Ademais, Rafael é o creador dos alcumes 3 (“desarrapado”) e 4, e gustoume que nos últimos capítulos aparecese máis.
Imaxe de seriesespanolas.fandom.com
 
 
Graciñas por ler!!

Comentarios

  1. Moitos recordos esta serie. Tiven unha época na que sempre a poñía para durmir porque ten un dessnfado que me relaxaba moito.

    Top one de motes: batman

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!!
      É que é unha serie que ves en calquera momento e non importa cantas veces a viras xa, porque ris como a primeira vez.
      (E Batman é xenial jajajaja).
      Un bico!!

      Eliminar
  2. hOLA Alba :))
    Madre mia. A mí también me encantaba esta serie. Junto con Los Serrano. ¡Qué tiempos! Pero yo también reconozco que mis favoritas eran Las Supernenas con sus tres mirillas. Y "La Hierbas" es que molaban tanto ajajajajaj.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!!!
      Non cheguei a ver Los Serrano :(, pero Aquí no hay quien viva é desas series que para min sempre seguirán vivas, aínda que xa rematara fai moito. E si, o das tres mirillas é do melloriño que fixeron jajaja.
      Biquiños!! <3

      Eliminar

Publicar un comentario

Estamos desexando ler os teus comentarios!