Boas tardes!!!
Non sabedes a ilusión que me fai comezar a falar por fin dos meus xogos preferidos: a saga de “Jak and Daxter”! Non sei se a coñecedes, se xogastes ou se nunca escoitastes falar dela; eu, persoalmente, recoméndoa moito (e creo que a xente que me coñece é consciente da obsesión que teño con ela).
E que mellor maneira de empezar que falando de “Daxter”? Foi o primeiro xogo desta historia que probei, antes de saber que existían máis (e, por suposto, antes de saber que “Daxter” era un spin off e non a historia principal). De feito, a primeira vez que xoguei foi grazas a un amigo do meu irmán, que nolo prestou, e gustoume tanto que, en canto tiven oportunidade, comprei un para nós. Conclusión: a día de hoxe, e a pesar de que levo varios anos sen coller a PSP, sígome sabendo uns cantos diálogos de memoria.
Creo que é un xogo moi completo. Loxicamente, ao ser para PSP non se lle poden poñer tantos controis ou tantos accesorios como lle podes poñer a outro tipo de xogos pensados para consolas máis sofisticadas. Aínda así, non boto nada en falta, nin creo que fose necesario engadirlle máis do que ten: un montón de escenarios distintos, unha boa banda sonora, moitos (moitísimos) coleccionables (non fun capaz de conseguir todas as esferas precursor en ningunha das partidas que xoguei)... Por non falar da posibilidade de vivir os soños de Daxter!! Non me atopara nada tan orixinal en ningún outro xogo. (E xa me gustaría a min soñar o mesmo ca el).
![]() |
| Imaxe de Jak and Daxter wiki |
Ademais, se xa me gustaba antes de coñecer a triloxía de “Jak and Daxter”, despois vólvese mil veces mellor. Cando comprendes toda a historia e te das conta que en “Daxter” o que se ve é o inicio da invasión dos cabezachapas, ou ver doutra maneira o rescate de Jak porque sabes como é apresado e o que lle están a facer… Todo cobra un novo sentido, igual que as moitas mencións ou aparicións puntuais de personaxes da triloxía (despois de coñecelos dáslle outro valor).
E aínda que os personaxes inventados en “Daxter” (Osmo, Taryn, Ximon) non saen en ningún outro xogo, non deixo de terlles moito cariño. (Acabo de recordar que fixera un debuxo de Taryn en quinto ou sexto de primaria e non sei onde o gardei; teño que buscalo!!). Por non falar de Tik e o adorable que é.
E, o máis importante de todo, o propio Daxter. Simplemente, adóroo. Sempre ten o mellor comentario no mellor momento, e non se corta diante de ninguén. E gústame moito que teña unha historia propia, que pase de estar continuamente sobre o ombro de Jak a ser o protagonista.
E nada máis, ata aquí a entrada de hoxe!! Espero que vos gustase lela sequera a metade do que me gustou escribila (escoitando de fondo a banda sonora de “Daxter”, como non podía ser doutra maneira).

Soame a saga, perl njnca xoguei. Soa moi ben, a verdade :)
ResponderEliminarPor aportar, a miña saga favorita é Fire Emblem e cóllolle moito cariño á maioría de px!
Pois non o coñecía, pero acabo de buscar fotos e a verdade é que ten unha pintaza!!
EliminarUn bico! :)