Ola, boas!!
Hoxe veño cunha entrada do meu anime favorito: Naruto. En concreto, sobre personaxes que adoitan quedar máis olvidados porque, desgraciadamente, Naruto e a gran maioría de animes son bastante (por non dicir excesivamente) machistas. E para xente coma min, que son unha gran fan do anime e da cultura xaponesa en xeral, pois cuestións coma esta son as que me botan un pouco para atrás. Así que veño a falarvos de tres personaxes femininos que, pola súa historia, personalidade e fortaleza, merecen, na miña opinión, ser tidos en conta.
Tsunade:
Creo que calquera fan de Naruto se esperaría que comezase falando dela. En primeiro lugar, pola súa histoira, que é unha historia de perda e superación persoal. Porque Tsunade tivo un pasado realmente duro, no que a guerra lle arrebatou ás dúas persoas que máis quería no mundo: ao seu irmán pequeno, Nawaki, e ao amor da súa vida, Dan. Como é lóxico, a traxedia marcouna e durante anos sufriu, como consecuencia dos horrores que vivira, unha fobia ao sangue que lle impediu traballar como ninja médico, e buscou refuxio nas apostas e na bebida para superalo. A súa vida cambia cando se atopa cos seus compañeiros do pasado e con Naruto; supera os seus medos, decide convertirse en Hokage (a primeira muller Hokage, quero engadir) e retoma a súa carreira como ninja médico, para poder salvar a cantas persoas lle fose posible.E en segundo lugar, como xa fun explicando, pola súa fortaleza (tanto física como mental) e a súa decisión á hora de axudar aos demais. Na miña opinión, unha gran líder para a vila.
![]() |
| Imaxe de Naruto wiki |
Konan:
Neste caso temos unha historia distinta, pero igual de impactante. Mentres que a de Tsunade era, como dixen antes, de perda e superación, a de Konan é de supervivencia e amizade. Pola súa infancia nunha aldea pobre e asolada pola guerra entre nacións máis poderosas, que a usaban de campo de batalla. Así, a súa historia comeza coa pobreza e supervivencia nun ambiente hostil, e, entre tanto horror, a súa amizade con Yahiko e Nagato. Esconderse, roubar para poder comer, fuxir da guerra e, máis tarde, aprender a defenderse, buscar xustiza e paz, e aliarse con outras persoas para poder conseguilas. Máis alá de todos os obxectivos posteriores, o que Konan sempre pretendeu foi protexer aos seus amigos por enriba de todo. E ese obxectivo nunca cambiou, por moito que ocorrese despois (non quero facer spoiler).Ademais, e isto xa é moi subxectivo, encántanme os seus ataques e as súas técnicas de papel, especialmente cando usa as ás. Definitivamente, é un dos meus personaxes preferidos.
![]() |
| Imaxe de Naruto wiki |
Kushina:
Dela non podo dicir tanto, loxicamente, porque só temos o seu recordo, non a súa evolución ao longo da trama. Pero os escasos capítulos nos que sae son máis que suficientes para ver a súa personalidade explosiva que non pasa desapercibida (Naruto saliría ao pai fisicamente, pero a súa personalidade é 100% Kushina).Temos unha terceira historia. A de Tsunade é de perda, a de Konan é de supervivencia e a de Kushina é de amor. E non é a típica historia de amor, porque nin ela nin Minato son “típicos”, senón que cada un ten a súa personalidade e dá gusto velos xuntos. Incluso co final tráxico, quedámonos con algo moi fermoso, porque os dous se queren de verdade e porque forman un equipo no que tanto un coma outro contan por igual.
![]() |
| Imaxe de Naruto wiki |
E listo!! Gustaríame poder falar doutros personaxes, como Yugito, Temari, Tenten ou Shizune, que tamén poderían entrar na lista de grandes personaxes femininos pero que, desgraciadamente, non sabemos case nada delas, aínda que algunhas nos levan acompañando dende case o inicio de Naruto. Quizais as deixe para outra entrada.
Grazas por ler!!
Grazas por ler!!



Tamén é o meu favorito!! Encantoume Naruto e son moi fan!
ResponderEliminarComo fan de Kakashi e Obito, destacaría a historia de Rin. Unha historia de dor, guerra, sacrificio e amor. E a importancia de ter vivido a guerra sendo tan nena. Paréceme incríble a forza que demostra nas súas poucas aparicións e o poder que ten mesmo o seu recordo.
Como dis, habería moitos que se destacarían, Mei Terumi, Sakura, Ino, Hinata... non son as miñas favoritas, pero son moi fortes e personaxes explendidos!
Gustoume moito a entrada :hug:
Ola!!!
EliminarA verdade é que non pensara en Rin! Pero tes toda a razón, para facer o que fixo fai falta moitísima forza (gárdoma para unha segunda entrada sobre isto jeje). É un tema que me encanta, así que probablemente fale máis sobre personaxes femininos inolvidables, de Naruto e de calquera outra serie ou libro.
Graciñas por ler e moitos bicos!!!
Ola!! Quería ler esta entrada desde que me comentaras que a querías escribir e, en serio, quedei encantada. Acábome de facer moi fan de Tsunade; xa me gustaba moito na serie, pero ler e entender agora todo o trasfondo que leva con ela pois fanme decatarme do incrible personaxe que é. E Kushina e Minato deberían ter unha serie propia, fin da historia.
ResponderEliminarMoi boa entrada!
Biquiños!!
Por favor!! Eu firmaba por unha serie de Kushina e Minato. O único problema é que estaría toda a vida pegada ao ordenador véndoa en bucle jajajaja.
EliminarBicos! <3