The Witcher: opinión (sen spoilers)


Boas de novo!!

Sempre que non tes tempo para ver series ou ler libros hai unha historia que te chama e te incita a deixar o que esteas facendo para dedicarlle toda a túa atención, e ti debes resistirte como sexa para non caer na tentación. Polo menos, a min pásame.

Imaxe de Wiki The Witcher

A última vez que me pasou foi este xaneiro, en plena época de exames, e cunha serie nova chamada “The Witcher” en Netflix, que me dicía “veña, por ver un capítulo non vai pasar nada”. Como é comprensible, nada máis rematar cos estudos lanceime a vela (e fixen ben, porque engancha, e moito). Teño que dicir que levo dende entón con esta canción metida na cabeza (e tamén que Jaskier é un personaxe marabilloso):



Agradecín que, antes de empezala, me dixese unha amiga que non me despistasen os cambios temporales entre unhas escenas e outras (porque, ademais de ser un pouco bruscos ás veces, non hai ningún tipo de cartel de “x anos antes” nin nada polo estilo, así que pode ser un pouco lioso). Ao final, este é outro dos méritos da serie (non sei se nos libros é igual, que aínda non os lin): ir enlazando escenas e entendendo completamente todo o que che vai quedando solto mentres ves os capítulos. E saber isto de antemán axuda para non estar moi perdida ao principio, antes de darte conta por ti mesma.

Despois, os personaxes. Cada un deles é único, cunha personalidade e uns obxectivos moi claros. Todos teñen a súa propia historia e é moi interesante ver como se van xuntando todas elas, e como evolucionan. Personalmente, os personaxes son os que fan que unha historia sexa boa de verdade, máis alá da trama ou calquera xiro impactante que poida haber. E “The Witcher” ten personaxes vulnerables que se volven realmente fortes, e personaxes que, sen perder a súa fortaleza, se volven algo máis… vulnerables, si, aínda que non estou moi segura de se é esa palabra a que debería utilizar. E isto é algo que me encanta.

Ademais, non renunciaría a ver loitar a Geralt por nada do mundo. Porque esa é outra: a acción, as loitas, as espadas, os monstros… Se vos gustan todas estas cousas, tamén debedes vela. E a maxia, por suposto, non nos esquezamos dela.

Graciñas por ler!!

Comentarios

  1. É unha desas series ás que lle teño moitas ganas. Pero a vida non me da para todo T.T
    Eu linme os dous primeiros libros e o primeiro é totalmente así. É máis como unha antoloxía que unha novela. Despois, se non lembro mal, cambia a unha historia máis fluída :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que hai tantas series e tantos libros marabillosos que non hai tempo suficiente para todos (que desgracia jajajajaja).
      Si, na serie un pouco tamén. Os últimos capítulos (ou polo menos o último) xa non tiñan tantos saltos temporais. E como xa te ías dando conta de en que tempo pasaba cada cousa non eran tanto lío.
      Díxome unha amiga que a serie era bastante fiel aos libros, así que se che gustaron os que liches animaríate a vela :D

      Eliminar

Publicar un comentario

Estamos desexando ler os teus comentarios!