Bo sábado a todos e todas!!!
A semana pasada escribín a miña opinión sobre a última temporada de “Las chicas del cable”, antes de contarvos o que opino da serie en xeral. Así que traio hoxe esta entrada! E para que a poida ler todo o mundo, intentarei que sexa 100% libre de spoilers.
Antes de nada, un mini resumo moi xeral para contar o argumento da serie (a verdade é que empecei a vela fai bastante e non recordo demasiado ben as primeiras temporadas, pero intentarei facelo o mellor posible):
“Las chicas del cable” conta a historia de catro mulleres que se atopan cando comezan a traballar como telefonistas na mesma compañía, a finais dos anos 20. Ademais do traballo, teñen en común a súa fortaleza e as súas ansias dunha liberdade que a sociedade da época lles limita. Nese contexto, créase unha amizade entre elas tan forte que as levará a facer o que sexa as unhas polas outras.
Gústame moito o enfoque da serie, e como profundizan na historia de cada unha delas por separado e na trama do grupo no seu conxunto de forma tan natural. Ademais, a estética de Madrid dos anos 20 paréceme preciosa.
![]() |
| Imaxe de Las chicas del cable wiki |
Agora falareivos un pouco de cada unha das protagonistas por separado. Como non estou moi segura de en que punto se descubrían algunhas cousas das súas historias, direi menos do que me gustaría. Coméntoo por se alguén de vós xa viu a serie; non vos estrañedes se non conto algo importante da historia dalgunha.
A máis protagonista de todas e a que garda máis segredos. Convértese en telefonista mentindo sobre a súa identidade cun obxectivo secreto, para salvarse a si mesma das consecuencias dun crime.
Persoalmente, a pesar do moito que me gustaba a súa trama nas primeiras temporadas, chegou un punto da serie en que me empezaron a gustar máis as das demais. Lidia é un personaxe serio e un pouco frío ás veces, e iso está moi ben, pero a min hai momentos nos que me cansa que sexa así, especialmente cando a historia vai avanzando. Ao mellor é só percepción miña, porque si se nota que, segundo van pasando as temporadas, comezan a importarlle máis persoas que si mesma, e a preocuparse por elas ata o punto de facer calquera cousa para protexelas, e está ben que o personaxe evolucione sen perder a súa esencia, pero hai momentos nos que me falta algo máis pola súa parte.
Lidia:
A máis protagonista de todas e a que garda máis segredos. Convértese en telefonista mentindo sobre a súa identidade cun obxectivo secreto, para salvarse a si mesma das consecuencias dun crime.
Persoalmente, a pesar do moito que me gustaba a súa trama nas primeiras temporadas, chegou un punto da serie en que me empezaron a gustar máis as das demais. Lidia é un personaxe serio e un pouco frío ás veces, e iso está moi ben, pero a min hai momentos nos que me cansa que sexa así, especialmente cando a historia vai avanzando. Ao mellor é só percepción miña, porque si se nota que, segundo van pasando as temporadas, comezan a importarlle máis persoas que si mesma, e a preocuparse por elas ata o punto de facer calquera cousa para protexelas, e está ben que o personaxe evolucione sen perder a súa esencia, pero hai momentos nos que me falta algo máis pola súa parte.
![]() |
| Imaxe de Las chicas del cable wiki |
Ángeles:
Unha traballadora exemplar. Casada cun dos traballadores da compañía e nai dunha rapaza pequena, encántalle a sensación de realización co seu traballo de telefonista, máis alá do ambiente doméstico.
Creo que este é o personaxe que máis medra en toda a serie, así como un dos meus favoritos. Non vou dicir moito máis dela, porque tería que contar cousas que non quero contar, solo que me pareceu moi importante contar a súa historia.
![]() |
| Imaxe de Las chicas del cable wiki |
Marga:
Chega a Madrid dende o pobo no que estivo vivindo dende sempre para converterse en telefonista. Todo é novo para ela, e non está segura de que esa vida estea feita para unha muller coma ela.
Reconozo que teño moita debilidade por ela, e paréceme moi adorable (igual que outro personaxe que, quen vise a serie, sabe de quen falo). Non ten maldade ningunha, nin é capaz de mentir. Ás veces, unha situación pode sobrepasala un pouco, e non pode evitar agobiarse por ela e poñerse nerviosa. Ela tamén evoluciona moito e pode que tardes en darte conta do forte que é, pero cando o ves non deixa de sorprenderte. O que me fastidia un pouco é que ás veces lle poñan tramas absurdas ou que compliquen as cousas sen necesidade.
![]() |
| Imaxe de Las chicas del cable wiki |
Carlota:
Filla dun home poderoso que espera para ela o futuro que se supón que debe ter unha muller da época: casarse cun bo home e ter fillos. Pero Carlota busca algo moi diferente: a súa liberdade. Gústalle traballar, valerse por si mesma, e pasalo ben.
Antes dixen que a historia de Ángeles me parecía importante contala, e a de Carlota tamén. Bueno, non exactamente a de Carlota, senón a dun personaxe que se introduce máis adiante (sería spoiler falar del, pero seguro que se vistes a serie sabedes de quen falo).
En canto á propia Carlota, tamén é un personaxe que me gusta. Se dixen de Marga que tardas en notar que é forte, con Carlota é todo o contrario. É moi intensa e loita por conseguir os seus propósitos como sexa.
![]() |
| Imaxe de Las chicas del cable wiki |
E ata aquí a entrada de hoxe. Espero que vos gustase :). Se vistes a serie, podedes deixarme as vosas opinións nos comentarios, e se non a vistes anímovos a facelo.
Graciñas por ler!!





Grazas pola entrada, sei que a escribiches xa para esta semana por min XD. Como xa che comentei, teño ganas de ver a serie case desde que saleu, así que en canto atope tempo vereina ^^. Desde logo, paréceme unha serie moi diferente, moi única (unhas chicas que traballan como telefonistas no Madrid dos anos 20) e eso xoga ó seu favor.
ResponderEliminarXa che contarei! Un bico!!
Estou desexando comentar contigo algunhas cousiñas, así que cando a vexas, xa sabes! ;)
EliminarIgual que Sin, estou desexando vela, pero nunca me poño. Cando saiu falouse moito dela e por aquela non tiña Netflix, e agora apagouse un pouco o fandom e case a tiña esquecida. Grazas por falar dela e lembrama :)
ResponderEliminarOla!! Grazas a ti por ler :).
EliminarSe ves a serie e che apetece comentala, por aquí me tes.
Un bico!!