Ola, cazadores de historias!
Hoxe tráiovos o meu Top 7 das cancións das inimigas de Pichi Pichi Pitch, porque nesta serie as sereas, como sabedes, non son as únicas que cantan. Debo dicir que cando me puxen a buscar as cancións, resulta que só atopei 6, así que decidín incluír a canción de Sara porque como ben sabedes utilizouna contra as princesas e iso debería valer como para considerar que chegou a ser a súa inimiga nalgún momento. Si, Mikel tamén ten canción (que me parece moi bonita, por certo), pero esta entrada vai das malas, que ó final son as que máis se enfrontan ás sereas e creo que deben ter o seu xusto recoñecemento.
(Se os vídeos vos dan erro ó reproducilos, podedes intentar recargar a páxina e darlle a ver en Youtube antes de que volva dar o erro ^^. Se tedes calquera outro problema para visualizalos comentádemo).
(Se os vídeos vos dan erro ó reproducilos, podedes intentar recargar a páxina e darlle a ver en Youtube antes de que volva dar o erro ^^. Se tedes calquera outro problema para visualizalos comentádemo).
Así que, alá imos!
Imaxe | Wiki Fandom Pichi Pichi Pitch
7 - Arara “Star mero mero heart”
En xeral, todas as cancións de Pichi Pichi Pitch me gusta, pero esta odiábaa con todo o meu ser!! Resultábame horrible en todos os seus sentidos e decatarme de que a que cantaba era a mesma que lle poñía voz a Honoka de Pretty Cure pois só me afundiu máis na miseria. Teño que recoñecer que ó escoitala agora para facer este top incluso se me quedou pegada, é o que teñen as cancións, pero segue ocupando o meu último posto. Déixovos a canción por aquí, xa vos advirto que os vosos oídos poden sufrir.
6 - Arara “Oh, si!”
Non é que teña nada contra Arara, ou si porque me resultaba un pouco insoportable, pero as súas cancións, para min, quedan por detrás das das outras inimigas. Iso si, a nivel de facer sufrir, serían as gañadoras. Pero eu estou mirando que cancións son as que máis me gustan a min ^^, non as que son máis efectivas para derrotar sereas. Esta teño que dicir que me gusta bastante máis que a anterior, pero non chega a superar as demais. Hai que dicir que debe de ser a canción máis alegre das que cantan as malas da serie.
5 - Lanhua “Serenata de flores e bolboretas”
Desta canción case non me acordaba e sorprendeume gratamente. Ten unha melodía moi particular e quen lle pon voz faino moi ben (síntoo por Arara, pero a súa voz non é unha voz melódica para cantar). Creo que o que non me gustaba desta canción eran os chillidos das mini Lanhuas.
4 - Sara “Regreso ó mar”
Para min esta é unha das mellores cancións das vilás. Encántame a escuridade que transmite, a tristeza e desesperación nótanse tanto na letra como na voz. A versión completa da canción non considero que sexa exactamente unha canción de inimiga, posto que na última parte a melodía cambia porque a determinación de Sara tamén o fai. Pero a primeira parte si que é sen dúbida unha canción capaz de deter ás sereas, como sucede no castelo de Gaito cando a emprega contra elas (custoume moitísimo atopar un vídeo no que Sara cantase a canción xusto nesas escenas, pero aquí está!!).
3 - Sheshe e Mimi “Barroco escuro”
Creo que estaremos de acordo en que esta é unha das mellores cancións da serie. Ademais de demostrar que Sheshe e Mimi teñen un estilo moi particular, paréceme moi destacable que non se ve opacada pola primeira canción que teñen. Esta canción, con respecto á primeira que cantan na serie, é máis longa e polo tanto ten máis letra. Admito que tiven dúbidas sobre cal colocar no 3º posto porque como cancións teñen un potencial semellante. Se me guiase por criterios técnicos, creo que esta canción ten máis traballo por detrás que a outra (letra máis variada, melodía que se mantén fiel ó estilo que xa amosaron as inimigas con anterioridade). Pero ó final tiven en conta que a outra canción é sen dúbida a canción máis icónica da serie no que a canción das vilás se refire. Así que “Barroco escuro” queda neste posto.
2 - Lady Bat “Ás da escuridade”
Sempre adorei esta canción, a música gústame moito e ten un ton tétrico que lle queda moi ben. Se está no segundo posto é porque a min me encanta e este non deixa de ser un top persoal (incluso a poñería como a miña canción favorita, pero penso que ese posto o merece algunha das cancións de Sheshe e Mimi). Se hai que destacar algo nas inimigas de Pichi Pichi Pitch é que cada unha delas conseguiu facerse cun estilo propio. Esta canción, ademais, conta cunha parte especialmente tétrica na que a música se distorsiona, o que me parece un gran detalle porque creo que reflicte moi ben o horror polo que pasan as sereas cando a escoitan. Á fin e ó cabo, estas cancións derrotan sereas e suponse que non é por ser bonitas. Así que creo que “Ás de escuridade” leva un merecido posto número 2 ^^.
1 - Sheshe e Mimi “Concerto de escuridade”
Como xa deduciriades polo que fun dicindo, para min esta é a canción que debe encabezar este top. É a primeira canción que cantan unhas inimigas na serie e tamén é a máis mítica das cancións das malas e iso é innegable. Así que déixovos con esta magnífica canción, tan icónica e tan potente que estivo a piques de derrotar ás nosas sereas. Creo que non teño que explicar moito máis sobre por que é a número 1. Desfrutade con ela!
E vós, que opinades? Vistes Pichi Pichi Pitch? Gústanvos as cancións das malas?
Seguide viaxando entre historias!

Ola!!!
ResponderEliminarEstou totalmente de acordo contigo! É que non cambiaría nada do que dixeches jajajaja, e aínda que non recordase de todo as cancións das malas, antes de ler a entrada tiña algunhas ideas. Por exemplo, sabía que a que puxeches como segunda tamén a tería posto moi alta, porque si recordaba a música (era a canción que máis recordaba, de feito).
(E a número 7, a de Arara, comparto o que din as sereas sobre o horrible que é mentres a canta).
Bicos!!
É que a canción de Lady Bat ten unha música xenial! Recoñezo que cando escoitei todas as cancións varias veces xa non estaba moi segura de como clasificalas porque incluso as de Arara escoitadas varias veces acaban enganchando. A miña conclusión é que as cancións das malas tamén son tan boas como as das protagonistas, e incluso están xenial porque cada enemiga ten o seu propio estilo de música (mentres que as sereas, que adoro as súas cancións!, teñen todas o mesmo estilo en xeral).
EliminarUn biquiño!!