Boas, xente!!
Estes días estiven pensando no moito que me apetece ler os libros ou ver as películas de Harry Potter unha vez máis. Veredes, o meu agasallo de Nadal foi un puzzle (marabilloso, que me ten totalmente namorada e que estou desexando continuar agora mesmo) no que saen dementores diante da silueta de Hogwarts. E é que “Harry Potter e o preso de Azkaban” sempre foi tanto o meu libro como a miña película favorita de toda a saga. Así que, que mellor forma de empezar neste blog que falando del?
Pregunteime moitas veces que tiña este libro de especial para que, se ben me encantan todos e cada un deles, destacara sobre os demais. Aquí vos deixo algunhas das conclusións ás que cheguei (ollo, que hai spoilers!!):

- É o primeiro libro no que aparece Sirius. Non teño un personaxe favorito, pero considero que el é un dos mellores, tanto polo que supón para Harry (chega a ser case coma un pai para el), como pola súa historia. Ademais, ten frases como “se queres saber como é alguén, mira de que maneira trata aos seus inferiores, non aos seus iguais” (“Harry Potter e o Cáliz de Fogo”).
- É o único no que Voldemort pasa a estar nun segundo plano (aínda que, loxicamente, se fala del) e que, en vez dunha loita fronte a fronte contra el, se descubren cousas do pasado e de como morreron Lily e James. Non me entendades mal: encántanme os enfrontamentos con Voldemort (especialmente no cuarto libro, cando regresa, e no último, a batalla final), pero son moi fan das historias do pasado e dos pais do heroe ou heroína.
- Os xiros de trama. Como certos personaxes resultan non ser o que se dicía nun principio, como Sirius, por exemplo. Si, certo, non é o único libro no que isto ocorre (recordemos a Moody / Barty Crouch Jr no cuarto libro), pero non me digades que o de Peter Pettigrew non foi un bombazo. É dicir, quen iba esperar que Scabbers, unha simple rata que nunca facía nada, fose en realidade o culpable da morte dos pais de Harry?
- O mapa do merodeador (creo que "merodeador" non existe en galego; se alguén sabe como se di, por favor que o deixe en comentarios :) ) e o xiratempo: quen non querería ter eses obxectos? (No meu caso, un xiratempo quitaríame de moitos problemas).
- Os dementores. De todas as criaturas creadas (é dicir, sen contar as mitolóxicas) para Harry Potter, os dementores son, na miña opinión, as mellores e máis arrepiantes. Eses seres escuros, con capas desgarradas e respiracións profundas, capaces de roubar a alegría e de absorber a alma…
- As criaturas que aparecen, grazas a Lupin, e que sairán máis adiante noutros libros.
- As clases de adiviñación. Quen non tivo nunca unha materia que parecía que tiña boa pinta e que resultou ser un desastre? (Ademais, encántame a profesora Trelawney, "predicindo" a morte de Harry e outras desgrazas continuamente).
E creo que xa está, aínda que non descarto que se me ocorran máis cousiñas despois de publicar a entrada (que se lle vai facer). Que me contades vós? Tamén vos gusta Harry Potter? Cal é o voso libro (e/ou película) favorito?
Vémonos!!
![]() |
| Imaxe de Harry Potter wiki |

Tamén é o meu favorito! Na miña adolescencia tiven un super crush con Sirius, aínda que non sabería dicir por qué. Examinándoo con máis calma agora ten moitas cousas negativas, pero sempre o lembrarei con cariño.
ResponderEliminarO mapa do merodeador, as profecías e máis as clases de defensa contra as artes escuras fanno un libro brutal. É insuperable!
Iso é o mellor, que sendo un personaxe tan marabilloso como é tamén teña eses aspectos negativos que o fan máis real. E alégrome de que tamén sexa o teu libro favorito e de que opinemos igual!!
EliminarUn bico :)